jueves, 30 de octubre de 2008

“E logo din que a sardiña vai cara”






 Cheguei a Ferrol, nun día de verán, un 20 de agosto de 2007. 
 Caía unha lixeira poalla cando conducía a miña furgoneta pola ponte das Pías. Uns cabalos acompáñaronme na chegada. Foron tres días onde nubes e sol repartiron as xornadas. Tres días por Ferrol, retratando coas cámaras eses pequenos momentos vividos nos meus paseos, e que van quedar na lembranza das miñas viaxes; as xentes, un cafe...unha moza, o mercado coas caixas de sardiñas e xurelos propias deste tempo de verán, o muro do arsenal, a dársena de Curuxeira, a lancha de Mugardos, edificios vellos e novos mesturados, rúas que se debaten entre a vida e a morte, Franco cun cabalo que xa non come herba.
 Ferrol, terra esquecida pola distancia, onde se respira tranquilidade, onde un viño ou un café acompáñannos nas tardes, mentres tras a ventá vemos pasar a xente. Un Ferrol que quere volver a vivir despóis dun longo letargo, onde pagou caro un tempo pasado.